Fundación Rogelio Groba

Concerto-homenaxe a Rogelio Groba en Vigo
10/03/2010
Concerto-homenaxe a Rogelio Groba en Vigo

A cidade de Vigo acolleu o pasado día 9 de marzo un concerto de homenaxe á figura de Rogelio Groba, organizado pola Fundación Rogelio Groba e a Orquestra de Cámara Galega en colaboración coa Sociedade Filharmónica de Vigo. Na primeira parte do concerto interpretáronse obras do compositor hoenaxeado, concretamente a suite barroca “Intres boleses” e mailo ciclo para orquestra de cámara “Polas rúas de Ponteareas”. O programa completouse na segunda parte co “Souvenir de Florencia” de Tchaikovsky. Con este concerto, que contou cunha nutrida asistencia, a Sociedade Filharmónica de Vigo tamén quixo sumarse á celebración do 80 aniversario do compositor que se está a desenvolver ao longo de todo o ano.
volver |

Fundación Rogelio Groba
c/ Darío Bugallal, 3
36860-Ponteareas (Pontevedra - España)
Teléfono/Fax: (+34) 986.64.27.05
Correo electrónico: xerencia@fundacionrgroba.com
 

añadir a favoritos | poner como página de inicio | aviso legal | webmaster


gal / es / en
  Portada
  Noticias
  Biografia
  Su música
  Catálogo de obra
  Publicaciones
  Fotografías
  Contactar