Portada

 

Fundación Rogelio Groba

 

Nace no ano 2002 a iniciativa do propio compositor e da súa familia, para catalogar e protexer o legado musical de Rogelio Groba, así como fomentar a súa difusión.

Obxectivos

Segundo estipulan os seus estatutos fundacionais, o obxectivo principal é “a protección, estudo, coidado e difusión da obra musical de Rogelio Groba Groba”. En calquera caso, representa “unha actividade de especial relevancia a catalogación, estudo, edición, interpretación, gravación e difusión do patrimonio musical de Rogelio Groba Groba”. Tamén ten como finalidade a difusión da música clásica e, nomeadamente, a de autores galegos.

Traballo realizado

Dende os seus inicios, a Fundación Rogelio Groba veu desenvolvendo o seu traballo en base, principalmente, a dous programas.

-Programa de dixitalización: consiste na conversión a formato dixital de todo o catálogo do compositor, así como a extracción de particellas de todas as súas obras. Preténdese, deste xeito, poñer a disposición de intérpretes e estudiosos todo o seu legado nas mellores condicións, así como garantir a conservación do seu arquivo mediante a súa duplicacidade.

-Programa de difusión: veuse desenvolvendo en varias facetas entre as que destacan a organización de concertos, as gravacións, ou a edición do seu catálogo ata 2007.

Nos dous casos, a Fundación Rogelio Groba colaborou con numerosas institucións como a Fundación Cidade da Cultura, a Consellería de Cultura, a Sociedade Xeral de Autores, o Ministerio de Cultura, o Instituto Cervantes, e un longo etcétera.