Fundación Rogelio Groba

  O Goberno galego rende homenaxe a Rogelio Groba pola súa importancia na historia da música clásica en Galicia | 08/02/2007
  O pasado día 6 de febreiro celebrouse en Compostela un acto de homenaxe á figura de Rogelio Groba promovido polo Goberno galego. O acto servíu para recoñecer a súa importancia na historia da música clásica en Galicia, e contou coa presencia do Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, e as conselleiras de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e Vivenda e Solo, Teresa Táboas.  | ampliar |

  A Fundación Rogelio Groba asina un convenio con Vicepresidencia para a realización dun ciclo de concertos | 28/03/2007
  A secretaria xeral do Benestar, María Xesús Lago, e o presidente da Fundación Rogelio Groba, Rogelio Groba Groba, asinaron o pasado 27 de marzo un convenio de colaboración para a realización dun programa de concertos de música clásica galega dirixido á mocidade e ás persoas maiores.  | ampliar |

  A Orquestra de Cámara Galega leva a Viena a música de Groba | 03/05/2007
  A Orquestra de Cámara Galega, colaboradora habitual da Fundación Rogelio Groba e unha das formacións que máis se vén salientando na interpretación de música de autoría galega, foi invitada a participar no primeiro “Spanien Modern Festival” organizado polo Instituto Cervantes de Viena. | ampliar |

  Próximos concertos organizados pola Fundación Rogelio Groba | 16/11/2007
  Dentro do seu programa de espallamento da música clásica galega e ao abeiro do convenio asinado con Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, a Orquestra de Cámara Galega está a desenvolver unha serie de concertos por toda Galicia e o resto do Estado. Ademais, o recén creado Ensemble da Fundación Groba prosegue a súa andaina cun novo concerto na Coruña | ampliar |

  A Orquestra de Cámara Galega presentou obras de autores galegos en New York | 28/10/2008
  Logo de ter actuado no Spanish Modern Festival de Viena e dunha ampla xira por Arxentina, a Orquestra de Cámara Galega (OCGA) vén de ampliar a súa andaina internacional coa realización dunha serie de concertos en New York, en colaboración coa Fundación Rogelio Groba, onde presentaron un programa integrado por autores galegos que incluía a estrea do »Concerto en Arcos», para piano e corda, de Rogelio Groba.  | ampliar |

  As consellerías de Cultura e Vivenda e Solo asinan dous convenios de colaboración coa Fundación | 19/12/2008
  Cultura levará a cabo a dixitalización das composicións realizadas polo músico galego, e Vivenda e Solo cederá á Fundación un local en aluguer para o desenvolvemento das súas actividades  | ampliar |


Fundación Rogelio Groba
c/ Darío Bugallal, 3
36860-Ponteareas (Pontevedra - España)
Teléfono/Fax: (+34) 986.64.27.05
Correo electrónico: xerencia@fundacionrgroba.com
 

añadir a favoritos | poner como página de inicio | aviso legal | webmaster


gal / es / en
  Portada
  Novas
  Biografia
  A sua música
  Catálogo de obra
  Publicacións
  Fotografías
  Contactar