Fundación Rogelio Groba

A Consellería de Cultura participa na conmemoración do 80 aniversario de Rogelio Groba
28/11/2009
A Consellería de Cultura participa na conmemoración do 80 aniversario de Rogelio Groba

A Consellería de Cultura e Turismo e maila Fundación Rogelio Groba veñen de asinar a súa colaboración na celebración do 80 aniversario do nacemento do compositor co apoio ao ciclo de concertos que darán a coñecer a obra do músico galego nas catro provincias galegas, así como no traballo de dixitalización da súa obra a través da Fundación Cidade da Cultura. No primeiro caso, a Consellería de Cultura e Turismo achega á Fundación un total de 90.000 euros para a realización de oito concertos nas vilas de Vilalba, Lalín, Viveiro, Vilagarcía, Ortigueira, A Estrada, Mondariz Balneario e Betanzos. Esta serie de concertos integran un ciclo denominado “Os 80 de Groba” que se inclúe dentro do programa “Xacobeo Classics”, deseñado co gallo da celebración do Ano Xacobeo. No segundo caso, tal e como se pon de manifesto na nota de prensa difundida pola Consellería de Cultura, este organismo recoñece “a importancia dos fondos musicais da Fundación Rogelio Groba para a cultura galega”, considerado como un conxunto de obras de creación musical “único e singular do patrimonio cultural” galego. Para garantir a súa conservación e difusión, o convenio para a dixitalización do noso fondo bibliográfico-musical achega 30.000 euros mediante a través da colaboración coa Fundación Cidade da Cultura, que acollerá na Biblioteca de Galicia os fondos dixitalizados, o que garantirá a súa difusión pública e consulta dos mesmos mediante as novas tecnoloxías da información. Segundo manifestacións do Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, a colaboración proseguirá os vindeiros anos co obxecto de “dixitalizar a totalidade da obra nos próximos catro anos”.
voltar |

Fundación Rogelio Groba
c/ Darío Bugallal, 3
36860-Ponteareas (Pontevedra - España)
Teléfono/Fax: (+34) 986.64.27.05
Correo electrónico: xerencia@fundacionrgroba.com
 

añadir a favoritos | poner como página de inicio | aviso legal | webmaster


gal / es / en
  Portada
  Novas
  Biografia
  A sua música
  Catálogo de obra
  Publicacións
  Fotografías
  Contactar