Fundación Rogelio Groba

Editorial Galaxia publica a colección “Once baladas galegas. Versións sinxelas para piano”, de Rogelio Groba
25/06/2010
Editorial Galaxia publica a colección “Once baladas galegas. Versións sinxelas para piano”, de Rogelio Groba

A editorial Galaxia vén de sacar do prelo unha colección de once baladas clásicas da música galega, que foron arranxadas para piano por Rogelio Groba para facelas asequibles a todos os niveis técnicos e idades. Trátase dun volume que recolle partituras de cancións sobradamente coñecidas, revisadas polo mestre Groba para facelas accesibles a calquera nivel de solvencia técnica e axeitadas para a súa interpretación tanto por parte de estudantes dos primeiros anos como por afeccionados con coñecementos musicais básicos. O obxectivo da colección é o de achegar a estudantes e afeccionados ao noso folclore dunha maneira clara e direta. Inclúe as cancións “Os teus ollos” e “Un adeus a Mariquiña”, de Castro Chané; “Unha noite na eira do trigo”, “Lonxe da terriña” e “Negra sombra”, de Juan Montes; “Lela”, de Rosendo Mato; “Meus amores”, de Xosé Baldomir; “Camiñando sen compaña” e “Cantiga de andar camiño”, de R. Groba; e as populares “Camiña don Sancho” e “Eu de Marín ausenteime”.
back |

Fundación Rogelio Groba
c/ Darío Bugallal, 3
36860-Ponteareas (Pontevedra - España)
Teléfono/Fax: (+34) 986.64.27.05
Correo electrónico: xerencia@fundacionrgroba.com
 

añadir a favoritos | poner como página de inicio | aviso legal | webmaster


gal / es / en
  FRONT PAGE
  NEWS
  BIOGRAPHY
  MUSIC
  CATALOGUE
  PUBLICATIONS
  PHOTOGRAPHS
  CONTACT