
O ciclo de concertos “Os 80 de Groba”, organizado pola Fundación Rogelio Groba en colaboración coa Consellería de Cultura e incluido dentro do programa “Xacobeo Classics”, chega á súa fin con dous concertos a celebrados en Mondariz Balneario e en Betanzos que contaron coa intervención da soprano Cecilia Lavilla Berganza, e nos que se procedeu á estrea dos ciclos de cancións “Na Barxa” e “Na Suaviña”. O ciclo desenvolveuse dende principios de ano con concertos nas vilas de Vilalba, Lalín, Viveiro, Vilagarcía, Ortigueira e A Estrada, para rematar en Mondariz Balneario e Betanzos con Cecilia Lavilla como convidada. Nestes dous últimos concertos estreáronse dous ciclos de cancións escritos por Groba sobre textos populares e melodías de inspiración folclórica, titulados “Na Barxa” e “Na Suaviña”, nomes que se corresponden con dous dos barrios da parroquia natal do autor, Guláns. O programa copletouse con dúas pezas instrumentais: o “Passacaglia” de Haendel revisado por A. Aslamazyan, e o “Adagio para cordas Op. 11” de S. Barber. O ciclo de concertos iniciouse o pasado mes de febreiro en vilalba coa estrea doutra composición de Groba, “O Fausto”, e tamén contou con outros convidados como aclarinetista María Dolores García. |