
A Real Filharmonía de Galicia vén de sumarse á celebración do 80 aniversario de Rogelio Groba coa estrea do concerto para frauta e orquestra “Concerto no Lameiro”, de Rogelio Groba, baixo a dirección de Manuel Hernández Silva e con Luís JulioToro como solista. O concerto é unha das últimas composicións de Groba, datada no ano 2004, e reflicte as súas vivencias da nenez no seu Guláns natal. Unha morea de veciños da localidade desprazouse ata Compostela para asistir a esta estrea. Antes do inicio do concerto, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, pronunciou unhas palabras de homenaxe a Groba destacando o seu papel dentro da cultura galega. A Real Filharmonía e mailo Concello quixeron sumarse así ás actividades organizadasco gallo do 80 aniversario do nacemento de Rogelio Groba. |