
A Orquestra de Cámara Galega comezou en Vilalba a serie de concertos integrados no ciclo “Os 80 de Groba” que se inclúe dentro do programa “Xacobeo Classics”, e co que se pretende conmemorar o 80 aniversario do nacemento do compositor. O devandito ciclo consta de oito concertos a celebrar ao longo do primeiro semestre do ano en Vilalba, Lalín, Viveiro, Vilagarcía, Ortigueira, A Estrada, Mondariz Balneario e Betanzos, e está organizado en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. Neste primeiro concerto procedeuse á estrea dunha pequena composición para corda de Rogelio Groba titulada »O Fausto». |